InicioLácteosFeiraco aposta polo folclore como esencia da cultura galega no día das súas letras
Categorías Lácteos

Feiraco aposta polo folclore como esencia da cultura galega no día das súas letras

Foto por CLUN
Por Lidia Fernández 16 de mayo de 2025

A marca une esforzos co grupo Xacarandaina para sacar adiante unha academia de folclore e promover o patrimonio inmaterial galego

Feiraco acaba de lanzar unha nova campaña para homenaxear o Día das Letras Galegas. Este ano desenvolverase baixo o lema ‘Galicia é campo de artistas’, apostando polo folclore tradicional como esencia da cultura galega.

A iniciativa inclúe a creación dunha academia de folclore en colaboración co grupo Xacarandaina, coñecido polo seu labor na difusión da música e do baile tradicional galego.

A través desta alianza, gravaranse catro clases de folclore básico que estarán dispoñibles no enderezo web de Feiraco e que pretenden lograr que todo o mundo sinta a música. Estas clases tratarán os seguintes temas: ‘Introdución á pandeireta’, ‘Pasos básicos da muiñeira’, ‘Ritmo folclórico’ e ‘Ton no folclore’.

A iniciativa chega ao ensino

A iniciativa foi presentada esta mañá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, nun emotivo acto guiado por Esther Estévez, que será a madriña oficial, por terceiro ano consecutivo, das Letras Galegas de Feiraco.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sinalou que “a campaña de Feiraco sempre se distingue por algo, por innovar e ir un paso máis aló. Este ano, xunto con Xacarandaina, preséntannos unha iniciativa que busca ensinar á xente a bailar, a cantar, a tocar a pandeireta… unha maneira magnífica de poñer en valor o legado que nos deixaron esas pandeiretas e que honra a un pobo que canta, que baila e que ten alegría”.

A iniciativa inclúe a creación dunha academia de folclore en colaboración co grupo Xacarandaina

“Detrás de cada litro de leite, de cada iogur, hai un traballo enorme dedicado á nosa terra. Por iso, cada ano apoiamos con moito ímpeto o Día das Letras Galegas. Este ano facémolo poñendo en valor que en Galicia hai talento por todas partes, porque si, Galicia é campo de artistas”, manifestou o director xeral de Clun, Juan Gallástegui. “Nós traballaremos todos e todas xuntas para poñelo en valor e que siga habendo, moitos anos máis, un campo de vida e un campo de futuro”, concluíu.

Pola súa parte, a presidenta da asociación Xacarandaina, Patricia Miño, explicou o funcionamento da entidade, que leva traballando desde 1978 para educar e poñer en valor a música e a cultura galega. “Estamos moi contentos de poder colaborar nesta iniciativa e sentimos unha gran alegría polo recoñecemento a esas mulleres. Nós seguiremos traballando para manter e transmitir o seu legado na sociedade”.

XIII Certame de Microrrelatos

De maneira paralela estará activo o XIII Certame de Microrrelatos, que este ano desafía ás persoas participantes a crear as súas historias sobre esta mesma temática, buscando achegar a figura das cantareiras e da poesía tradicional ás novas xeracións. As narracións deberán estar inspiradas en Galicia e ter de protagonista a unha cantareira ou pandeireteira.

O XIII Certame de Microrrelatos busca achegar a figura das cantareiras e da poesía tradicional ás novas xeracións

O certame conta con dúas categorías: a xuvenil, dirixida ao estudantado; e a adulta, para maiores de 18 anos. Unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, xunto cun lote de produtos Feiraco, son os premios aos que optan.“É fundamental poñer en marcha este tipo de iniciativas para achegarllas ás novas xeracións”, destacou a directora do IES Rosalía de Castro, Gemma Paredes.

Con esta campaña, Feiraco busca reafirmar o seu compromiso coa cultura galega, promovendo o amor pola lingua e as nosas tradicións, co obxectivo de acadar a transmisión xeracional que as manteña vivas por e para sempre.

Artículos relacionados
I+D+i13 de mayo de 2025
La innovación agroalimentaria abre nuevas oportunidades de negocio en Galicia

A marca une esforzos co grupo Xacarandaina para sacar adiante unha academia de folclore e promover o patrimonio inmaterial galego Feiraco acaba de lanzar unha…

Otros alimentación8 de mayo de 2025
Rías Baixas se une a la celebración del Día Vino D.O. 2025 con un brindis colectivo

A marca une esforzos co grupo Xacarandaina para sacar adiante unha academia de folclore e promover o patrimonio inmaterial galego Feiraco acaba de lanzar unha…

I+D+i5 de mayo de 2025
Anfaco-Cecopesca refuerza su presencia global en Seafood Expo Global

A marca une esforzos co grupo Xacarandaina para sacar adiante unha academia de folclore e promover o patrimonio inmaterial galego Feiraco acaba de lanzar unha…


Logo Nutradit
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuaria/o posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestro web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de este sitio web encuentras más interesantes y útiles.