Inicio › Carne › José Antonio Fernández: «Empanadas Ternura elabora receitas novas con sabor antigo»
Categorías Carne

José Antonio Fernández: «Empanadas Ternura elabora receitas novas con sabor antigo»

Foto por Cedida. Javier González e José Antonio Fernández, artífices de Empanadas Ternura.
Entrevistados José Antonio Fernández
Por Lidia Fernández 22 de octubre de 2026

A empresa combina receitas tradicionais e novos sabores na súa oferta de empanadas e pratos preparados, con presenza no mercado nacional e internacional

Empanadas Ternura aposta por levar a empanada galega a outro nivel, combinando a tradición culinaria con ingredientes de calidade, elaboración artesanal e novas propostas de sabores. A empresa, que tamén comercializa pratos preparados e produtos doces, busca ampliar mercados e contribuír á proxección da gastronomía galega, cada vez máis recoñecida dentro e fóra da comunidade.

Ternura nace co propósito de poñer en valor a empanada galega e demostrar que un produto tradicional tamén pode ter unha identidade gastronómica propia. Como xurdiu o proxecto e como foi a evolución da empresa desde os seus inicios ata hoxe?

A inquietude xurdiu cando descubrimos que no mercado podería ter cabida unha empanada Gourmet, preservando todo o sabor e a imaxe das mellores empanadas galegas. Tratamos de facer a empanada que, cando comes un trozo, o teu corpo xa che pide que repitas porque che está sentando ben, polos ingredientes naturais con que as facemos.

A empanada é un dos produtos máis representativos da gastronomía galega, pero tamén unha elaboración con moita historia e tradición. Que importancia ten manter esa esencia e, ao mesmo tempo, apostar por novas receitas e combinacións de sabores?

A elaboración facémola coas mellores materias primas: fariñas certificadas sen aditivos, aceites virxes extra e de xirasol, e cebola traballada na nosa cociña. O acabado faise a man, tanto o recheo como o peche; unha vez rematado, conxélase con nitróxeno e sérvese aos clientes conxelado, perfectamente enfornado. Para que o seu consumo preferente sexa dun ano dende a data de fabricación, consérvase conxelada a unha temperatura de -20 °C.

Para poder consumila, o cliente pon o forno a 200 °C; no momento en que chega a esa temperatura, directamente desde o conxelador mete a empanada –sen desconxelar– e, en apenas 15 minutos, ten un produto recén enfornado, cunha textura crocante e moi saborosa.

«A elaboración facémola coas mellores materias primas: fariñas certificadas sen aditivos, aceites virxes extra e de xirasol, e cebola traballada na nosa cociña»

A calidade dun produto depende en boa medida da materia prima e do coidado que hai detrás de cada elaboración. Como é o voso proceso de traballo e que aspectos considerades fundamentais para conseguir que as vosas empanadas e demais produtos teñan unha identidade propia?

A oferta de sabores vai dende os máis tradicionais: atún, bacallau, carne, vieiras, polbo, etc… ata outros que son un pouco menos comúns como o polo ao curry, o bacallau cunha receita portuguesa (á moda de Braga) ou cogomelos con gambas, mexillóns con chourizo. A nosa oferta é de 16 recheos diferentes en 3 formatos: 600 g, 1400 g e 1900 g, todas con forma rectangular.

Ademais desta variedade de empanadas, tamén dispoñemos de outras sen glute, que están listas para consumir unha vez desconxeladas; nesta gama hai empanadillas de 175 g e empanadas de 500 g de atún, carne e vegana. Estes produtos son froito da colaboración con outro obradoiro especializado en produtos sen glute, que ademais é un centro de emprego para a inclusión social.

Ademais das empanadas, Ternura conta cunha oferta que inclúe pratos preparados e elaboracións doces tradicionais. Como xorde a decisión de ampliar o catálogo e que papel desempeña a cociña galega no desenvolvemento de novos produtos?

Tamén elaboramos, coa marca LUME, pratos de Quinta Gama (V Gama) feitos coa filosofía de «Tenrura», onde prima a calidade de elaboración e os mellores ingredientes. Temos unha gran variedade de pratos como o caldo galego, callos á galega, salpicón de gambón e peixe sapo, ensaladilla rusa, albóndegas de pescada, calamares na tinta con arroz, etc., en frío positivo e conxelado, listos para meter ao forno, nun recipiente de cociña ou no microondas.

«A nosa oferta é de 16 recheos diferentes en 3 formatos: 600 g, 1400 g e 1900 g, todas con forma rectangular»

Os produtos galegos están a gañar presenza en novos mercados e espazos de promoción gastronómica. Que importancia teñen as feiras, os eventos e as iniciativas de apoio ao produto local, como a campaña A Paisaxe que Sabe, da Deputación da Coruña, que apoia o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade, para dar a coñecer as vosas elaboracións e achegar a gastronomía galega a novos públicos dentro e fóra de Galicia?

A localización dos nosos clientes está en Galicia, España e tamén exportamos aos EE.UU., onde os produtos galegos, ademais de pola súa calidade, son moi recoñecidos porque se está dando a coñecer a nosa terra a través de campañas de información como a publicidade do Xacobeo, Turismo, etc.

«Ademais desta variedade de empanadas, tamén dispoñemos de outras sen glute, que están listas para consumir unha vez desconxeladas»

Como ben di, a gastronomía galega vive un momento de crecente recoñecemento dentro e fóra de Galicia. Como valorades esta evolución e que oportunidades ofrece para empresas como Ternura, que traballan con produtos tan ligados á tradición culinaria do país?

A valoración do que creo que está pasando co recoñecemento dos produtos elaborados en Galicia é a seguinte: por unha parte, a imaxe que temos fóra da comunidade de materia prima de calidade; e, pola outra, os profesionais nas distintas actividades que día a día o están facendo mellor, conservando a tradición galega e dándolle un toque máis acorde coas novas xeracións. Receitas novas con sabor antigo, onde podes recoñecer os ingredientes de Galicia.

Artículos relacionados
Destacados20 de octubre de 2026
AGACA reúne en Santiago a mujeres referentes del cooperativismo agroalimentario para impulsar la igualdad y el liderazgo femenino

A empresa combina receitas tradicionais e novos sabores na súa oferta de empanadas e pratos preparados, con presenza no mercado nacional e internacional Empanadas Ternura…

Agacal16 de octubre de 2026
La artesanía alimentaria, una vía para generar valor añadido y nuevas oportunidades en el rural gallego

A empresa combina receitas tradicionais e novos sabores na súa oferta de empanadas e pratos preparados, con presenza no mercado nacional e internacional Empanadas Ternura…

Lácteos15 de octubre de 2026
Mulleres de Seu y las canteranas del Dépor unen fuerzas por la igualdad en el rural y el fútbol

A empresa combina receitas tradicionais e novos sabores na súa oferta de empanadas e pratos preparados, con presenza no mercado nacional e internacional Empanadas Ternura…


Logo Nutradit
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuaria/o posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestro web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de este sitio web encuentras más interesantes y útiles.