Inicio › Carne › Martín Touceda: «Somos un dos 110 criadores involucrados na recuperación da raza»
Categorías Carne

Martín Touceda: «Somos un dos 110 criadores involucrados na recuperación da raza»

Foto por Cedida. Martín Touceda, confundador de CienPorCel
Por Lidia Fernández 30 de octubre de 2026

O cofundador de CienPorCel analiza a evolución dun proxecto pioneiro que naceu co obxectivo de poñer en valor a cría extensiva de porco celta

Martín Touceda é o cofundador, socio promotor e responsable de produción/gandaría de CienPorCel. Xunto á súa parella, Alba Lombao, e ao seu socio, Xurxo Álvarez, impulsa este proxecto ganadeiro e agroalimentario pioneiro, centrado na cría extensiva de porco celta de raza pura e na elaboración artesanal de embutidos na aldea de Osmo (Cenlle, Ourense) e en O Rañadoiro (Lugo).

CienPorCel é un proxecto galego vinculado á cría do porco celta e á elaboración de produtos cárnicos. Que produtos comercializades e como naceu a iniciativa?

O proxecto de CienPorCel nace no ano 2020 coa iniciativa da Xunta de crear unha figura, que son as Aldeas Modelo. Comezamos a criar en maio de 2020 e a elaborar en febreiro de 2021. Así estivemos ata setembro de 2023, que é cando comezamos a elaborar no noso propio obrador.

Iniciamos coa idea de venta de canais e medios a hostalaría, e tivemos que adaptarnos, xa que o sector en decembro do 20 seguía a medio gas. Comezamos a través dun pequeno taller artesanal situado en Sobrado dos Monxes (A Coruña), coa elaboración de chourizo, salchichón e lombo fundamentalmente. O resto orientámolo a carne salgada tradicional.

Na actualidade elaboramos unha gama de 14 produtos, despezamos en fresco para alta hostalaría e dispoñemos dunha carnicería para a venda en Santiago de Compostela.

«O proxecto de CienPorCel nace no ano 2020 coa iniciativa da Xunta de crear unha figura, que son as Aldeas Modelo»

Que diferencia os vosos produtos en termos de calidade, elaboración e sabor? Que importancia teñen a tradición e a innovación no voso traballo?

A excelsa calidade da carne, unida ós valores insaturados da súa graxa, proporcionan un sabor e unha textura espectacular. Nós elaboramos a maioría dos nosos produtos baixo o selo de Artesanía Alimentaria.

Tratamos de trasladar o sabor dos produtos que elaboraban na casa nosos avós ó mercado cun selo de garantía e marcado sanitario. Tamén temos unha liña de produtos elaborados exclusivamente con pementón de pemento de Padrón.

Dende o comezo apostamos pola gama «Rabiosa» e a diferenciación no mercado, continuando con diversos produtos que complementan esta gama picante.

«Nós elaboramos a maioría dos nosos produtos baixo o selo de Artesanía Alimentaria»

A vosa explotación aposta pola cría en liberdade e polo silvopastoreo. Como contribúe este modelo á sostibilidade e ao desenvolvemento do rural galego?

Este proxecto é un exemplo para aqueles que queren emprender no rural e deciden quedarse nunha pequena aldea. A intención de CienPorCel é que a xente que coñeza este proxecto poida ver que é posible.

Este tipo de cría permítenos non ter que limpar a contorna da aldea, xa que os propios porquiños axudan na limpeza do mesto.

Que papel desempeña CienPorCel na conservación do porco celta e na posta en valor das razas autóctonas e dos recursos propios de Galicia?

Somos un dos 110 criadores involucrados na recuperación da raza. Neste sentido, facemos un montón de feiras e eventos para dar a coñecer o proxecto, a raza e os elaborados que facemos con tanto mimo.

Tratamos de propoñer e demostras que hai produtos ricos, sans e feitos con moito coidado para que os nosos clientes desfuten.

«Este proxecto é un exemplo para aqueles que queren emprender no rural e deciden quedarse nunha pequena aldea»

A Deputación da Coruña colabora en iniciativas de promoción como A Paisaxe que Sabe e o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade. Que achegan estes eventos á visibilidade dos produtores locais e á difusión dos seus produtos entre novos públicos?

O apoio da Deputación é imprescindible para dar a visibilidade que lle corresponde a estes proxectos pequenos, xa que nós, como produtores, non dispoñemos dos medios para publicitalos e dalos a coñecer.

Tamén nos facilita a posibilidade de dar a probar o noso produto en escaparates de gran importancia nos que doutro xeito non poderíamos estar presentes, así como chegar a públicos aos que non nos sería posible sen o seu apoio.

«O apoio da Deputación é imprescindible para dar a visibilidade que lle corresponde a estes proxectos pequenos»

Que retos afronta CienPorCel de cara ao futuro e que papel poden desempeñar a promoción e a colaboración institucional no crecemento do proxecto?

CienPorCel está nun momento de crecemento, vendo posibilidades de crear un obrador propio e cerca de onde se cría. Todo o apoio que nos aporte será unha gran axuda para seguir medrando na nosa venda e imaxe de marca.

Artículos relacionados
Entrevistas29 de octubre de 2026
Josefa María Durán: “A xente que proba o noso mel repite pola súa calidade e pureza”

O cofundador de CienPorCel analiza a evolución dun proxecto pioneiro que naceu co obxectivo de poñer en valor a cría extensiva de porco celta Martín…

Carne28 de octubre de 2026
Nando López: «Defendemos un modelo de produción ligado á terra, á economía local e á nosa identidade»

O cofundador de CienPorCel analiza a evolución dun proxecto pioneiro que naceu co obxectivo de poñer en valor a cría extensiva de porco celta Martín…

Lácteos26 de octubre de 2026
Eloy Seijas: «O noso queixo non leva nada químico, unicamente leite, callada e sal»

O cofundador de CienPorCel analiza a evolución dun proxecto pioneiro que naceu co obxectivo de poñer en valor a cría extensiva de porco celta Martín…


Logo Nutradit
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuaria/o posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestro web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de este sitio web encuentras más interesantes y útiles.