Inicio › Carne › Irene Domínguez: «Para nós, a calidade non é só unha cuestión de sabor»
Categorías Carne

Irene Domínguez: «Para nós, a calidade non é só unha cuestión de sabor»

Foto por Productos Cárnicos Domínguez
Por Lidia Fernández 29 de octubre de 2026

Productos Cárnicos Domínguez combina a tradición coa innovación, apostando polos produtores locais para manter a súa identidade e adaptarse aos novos consumidores

Con máis de tres décadas de traxectoria, Productos Cárnicos Domínguez converteu a calidade, a tradición e o compromiso co territorio en piares da súa actividade. Fundada en 1989, a empresa dedica a súa actividade á elaboración e comercialización de produtos cárnicos, mantendo o vínculo coa cultura gastronómica galega e adaptándose aos novos hábitos de consumo.

Productos Cárnicos Domínguez é unha empresa dedicada á elaboración e comercialización de produtos cárnicos. Que produtos elaborades e como naceu o proxecto?

En Productos Cárnicos Domínguez dedicámonos á elaboración e comercialización de produtos cárnicos, apostando pola calidade, o sabor e o coidado en cada fase do proceso. O noso proxecto nace en 1989, da man dos xerentes Ana Rey e Vicente Domínguez, en Baíñas, da ilusión por ofrecer produtos de confianza, mantendo unha forma de traballar ligada á tradición e ao coñecemento do sector cárnico. O obxectivo sempre foi ofrecer aos nosos clientes produtos de calidade, cunha atención próxima e un compromiso co traballo ben feito.

Que diferencia os vosos produtos en termos de calidade, elaboración e sabor? Que importancia teñen a tradición, o saber facer e a selección das materias primas no voso traballo?

O que nos diferencia é o coidado que poñemos en todo o proceso, desde a selección das materias primas ata a elaboración e presentación final dos produtos. Para nós, a calidade non é só unha cuestión de sabor, senón tamén de confianza, compromiso e respecto polo produto.

A tradición e o saber facer son fundamentais, porque nos permiten conservar aqueles coñecementos e métodos que forman parte da nosa cultura gastronómica. Cremos que a experiencia, unida á elección de boas materias primas, é a base para conseguir produtos de calidade.

«O que nos diferencia é o coidado que poñemos en todo o proceso, desde a selección das materias primas ata a elaboración e presentación final dos produtos»

Como combinades esa herdanza coa adaptación aos novos gustos e ás demandas dos consumidores?

A clave está en saber evolucionar sen perder a nosa esencia. A tradición é a nosa base, pero tamén debemos estar atentos aos cambios nos hábitos de consumo e ás novas preferencias dos clientes.

Escoitamos o que demanda o mercado, adaptámonos ás novas necesidades e procuramos mellorar continuamente os nosos produtos e procesos. O importante é innovar cando é necesario, pero mantendo sempre a calidade, o sabor e a identidade que nos caracterizan. Por exemplo, comercializamos callos coa receita de sempre, pero pensando nesas persoas que teñen pouco tempo e procuran unha comida xa feita, sen perder o sabor de sempre.

A produción alimentaria está estreitamente vinculada ao territorio e aos seus recursos. Que importancia teñen a orixe das materias primas e a relación cos produtores e provedores locais na vosa actividade?

A orixe das materias primas é un aspecto moi importante, porque inflúe directamente na calidade do produto final. Apostar por provedores de confianza e, sempre que é posible, por produtores próximos permite establecer relacións máis directas, baseadas na confianza e na colaboración.

Ademais, consideramos que apoiar o tecido produtivo local contribúe a fortalecer a economía da contorna, manter a actividade no rural e poñer en valor os recursos do noso territorio.

Por exemplo, na nosa marca Porco Landrán apostamos sempre por traballar con productores locais certificados en cría de porco celta.

«A orixe das materias primas é un aspecto moi importante, porque inflúe directamente na calidade do produto final»

Os produtos cárnicos forman parte da identidade gastronómica de Galicia. Que valor teñen os métodos de elaboración tradicionais e os produtos de proximidade para conservar ese patrimonio culinario?

Teñen un valor fundamental, porque forman parte da nosa historia, da nosa cultura e da maneira que temos de entender a gastronomía. Galicia conta cunha longa tradición na elaboración de produtos cárnicos, con receitas, técnicas e coñecementos que foron pasando de xeración en xeración.

Manter eses métodos tradicionais significa conservar a nosa identidade gastronómica. Ao mesmo tempo, apostar polos produtos de proximidade axuda a preservar os sabores propios da nosa terra e a apoiar a quen traballa nela. É importante que ese patrimonio non se perda e que poidamos transmitilo ás novas xeracións.

«Manter eses métodos tradicionais significa conservar a nosa identidade gastronómica»

A Deputación da Coruña impulsa iniciativas de promoción como A Paisaxe que Sabe e o Circuíto TUR 43 Galicia Calidade. Como contribúen este tipo de accións a dar visibilidade aos produtores locais, achegar os seus produtos a novos públicos e conectar a gastronomía coa paisaxe e co territorio?

Parécennos iniciativas moi positivas e necesarias, porque permiten dar visibilidade ao traballo das empresas e produtores locais, que moitas veces desenvolven unha actividade de gran calidade pero non sempre teñen a oportunidade de chegar a novos públicos.

Ademais, axudan a relacionar a gastronomía con outros aspectos que definen Galicia, como a paisaxe, a cultura, as tradicións e o turismo. É unha maneira de demostrar que detrás de cada produto hai un territorio, persoas e moito traballo.

Para empresas como a nosa, participar nestas iniciativas supón unha oportunidade para dar a coñecer o que facemos, establecer novas relacións e contribuír á promoción dos produtos galegos. Cremos que apoiar o produto local é tamén apoiar o futuro do noso territorio.

Artículos relacionados
Carne30 de octubre de 2026
Martín Touceda: «Somos un dos 110 criadores involucrados na recuperación da raza»

Productos Cárnicos Domínguez combina a tradición coa innovación, apostando polos produtores locais para manter a súa identidade e adaptarse aos novos consumidores Con máis de…

Entrevistas29 de octubre de 2026
Josefa María Durán: “A xente que proba o noso mel repite pola súa calidade e pureza”

Productos Cárnicos Domínguez combina a tradición coa innovación, apostando polos produtores locais para manter a súa identidade e adaptarse aos novos consumidores Con máis de…

Carne28 de octubre de 2026
Nando López: «Defendemos un modelo de produción ligado á terra, á economía local e á nosa identidade»

Productos Cárnicos Domínguez combina a tradición coa innovación, apostando polos produtores locais para manter a súa identidade e adaptarse aos novos consumidores Con máis de…


Logo Nutradit
Resumen de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuaria/o posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestro web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de este sitio web encuentras más interesantes y útiles.